CORONAVIRUS: PODO SOLICITAR UN APRAZAMENTO DO PAGO DA HIPOTECA? INFÓRMATE GRATUITAMENTE E COMPARTE!

Debido á situación de emerxencia sanitaria global provocada pola pandemia de COVID- 19, mediante o
Real Decreto-lei 8/2020, do 17 de marzo, de medidas urxentes extraordinarias para facer fronte ao
impacto económico e social do COVID-19, aprobáronse unha serie de medidas de apoio ás familias e
colectivos vulnerables.

Entre as medidas adoptadas está a posibilidade de solicitar ao banco o aprazamento do pago do préstamo
hipotecario se con el se financiou a adquisición da vivenda habitual. Para ter dereito a iso o RD esixe estar
en situación de vulnerabilidade económica.

CANDO ESTAMOS EN VULNERABILIDADE ECONÓMICA?

O Real Decreto dispón as situacións que son consideradas como vulnerabilidade económica:
“ a) El deudor hipotecario pase a estar en situación de desempleo o, en caso de ser empresario o
profesional, sufra una pérdida sustancial de sus ingresos o una caída sustancial de sus ventas.
b) El conjunto de los ingresos de los miembros de la unidad familiar no supere, en el mes anterior a la
solicitud de la moratoria:
i. Con carácter general, el límite de tres veces el Indicador Público de Renta de Efectos Múltiples
mensual (en adelante IPREM).
c) La cuota hipotecaria, más los gastos y suministros básicos, resulte superior o igual al 35 por cien de
los ingresos netos que perciba el conjunto de los miembros de la unidad familiar.
d) A consecuencia de la emergencia sanitaria, la unidad familiar haya sufrido una alteración
significativa de sus circunstancias económicas en términos de esfuerzo de acceso a la vivienda, en los
términos que se definen en el punto siguiente.”

Para acreditar esta situación debe achegarse, entre outra documentación, unha nota do servizo de índices
do Rexistro da Propiedade de todos os membros da unidade familiar (artigo 11 1. D RDL 8/2020 do 17 de
marzo).

Esta nota informa das propiedades ou outros dereitos inscritos a nome dunha persoa en calquera Rexitro
de España. Os Rexistradores da Propiedade españois queren facilitar ás familias o cumprimento deste
requisito. Para iso, creouse un sistema rápido, sinxelo e gratuíto que estará vixente mentres dure o estado
de alarma e que evitará que as persoas teñan que desprazarse ás oficinas.

ONDE PODES SOLICITALA?

Na páxina de inicio da web: http://www.registradores.org
encontrarás toda a información ao respecto.

COMO PODES SOLICITALA?

A solicitude desta nota pode realizarse enviando un correo electrónico, ben ao Rexistro da Propiedade
onde estea inscrita a vivenda habitual do interesado ou ben, a calquera outro da mesma poboación. Deberá
acompañarse á petición, necesariamente, fotocopia do DNI/ NIE da persoa sobre a que se deba expedir a
información,e en caso de ser varios osmembros da unidade familiar, de cada un deles.
Recoméndase que se identifique a finca sobre a que recae o préstamo hipotecario do cal se vai solicitar a
moratoria hipotecaria. Na páxina web do Colexio de Rexistradores
www.registradores.org poden obter información completa sobre o trámite a seguir e unha relación das
direccións de correo electrónico de todos os Rexistros da Propiedade de España.
E SE TEÑO MÁIS DÚBIDAS?

Dada a situación actual de confinamento BUFETE RAÚL MEIZOSO ABOGADOS e có animo de
colaborar a resolver dúbidas, neste e noutros asuntos, pon un servicio de atención gratuita no no de
teléfono 981440673, ou se o prefire enviando un correo electrónico a bufete@raulmeizosoabogados.es
dónde os nosos profesionais resolverán todas as dúbidas que poidas ter.